
A SAÚDE REPRODUCTIVA DAS MULLERES
LUGAR: (Casa das mulleres - Rúa Romil, 20) VIGO ESPAÑA
FECHAS: 26 e 27 de Xuño de 2009
Directora:
Ascensión Cambrón
Profesora Titular da Facultade de Dereito. Universidade de A Coruña
Colabora: CONCELLERIA DE IGUALDADE CONCELLO DE VIGO
Patrocina: XUNTA DE GALICIA CONCELLERIA DE SANIDADE
DESCRICIÓN DO CURSO
Nos últimos anos a saúde reprodutiva da muller solicitou unha atención especial da medicina e da poboación en xeral. Pero, á súa vez, a atención sanitaria neste campo tropeza con dous obstáculos pesados que é necesario remover. Por un lado, a falta de información das propias mulleres respecto á súa específica fisioloxía e dos recursos para orientarse nos temas reprodutivos; e, doutro lado as condicións estruturais en que se realiza a práctica médica, que condiciona aos profesionais sanitarios para atender ás pacientes en estreitos límites de tempo e de recursos. Este condicionante limita a actividade dos profesionais estritamente á súa dimensión clínica, xerando insatisfacción persoal e incompleta atención para as pacientes.
Dende estas premisas, abordaranse no curso temas complexos como o control da reprodución e as variantes que na actualidade son posibles, as medidas a seguir coas mulleres novas que foron afectadas de cancro, menopausa e saúde e outros. Ademais, incorpóranse outros temas relacionados cos dereitos de xénero e das condicións para o exercicio da obxección de conciencia polos profesionais sanitarios.
VENRES 26
09’45 horas: Inauguración
10’00 horas: Os dereitos reproductivos, ¿unha conquista das mulleres?
Pilar Allegue Aguete
Profesora Titular do Departamento de Dereito Privado, Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Universidade de Vigo
12’00 horas: Os problemas de fertilidade nas mulleres novas tratadas por cancro de mama
Benigno Acea
Ciruxano do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC)
16´30 horas: Problemas derivados da aplicación das técnicas de reprodución humana asistida
Carlos Lema
Profesor Titular da Universidade Carlos III de Madrid
18´30 horas: Socioloxía do aborto en España
José Luis Doval
Médico e Xefe do Servizo de Xinecoloxía do Centro Hospitalario de Ourense (CHOU)
SÁBADO 27
10’00 horas: A obxección de conciencia no ámbito sanitario
Ascensión Cambrón
Profesora Titular da Facultade de Dereito. Universidade de A Coruña
12’00 horas: Menopausa e saúde
Mª Jesús Cruces Artero
Médico de Familia e membro do Grupo Coordinador da Consellería de Sanidade do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller
13’30 horas: Clausura do curso
OBJETIVOS:
Neste curso preténdese proporcionar informacións relativas ao tema na perspectiva de facer máis cualificada a atención médica a mulleres, fomentando a responsabilidade entre este colectivo profesional. Tamén preténdese unha descrición de pautas de actuación que contribúan á toma de decisións coa suficiente información. Por último, promover un marco de discusión crítica sobre prácticas sanitarias controvertidas por incidir nelas os diversos valores relativos á vida e á saúde, que sosteñen os profesionais sanitarios e as usuarias de sanidade
DESTINATARIOS:
Profesionais de atención aos problemas reprodutivos femininos, estudantes de distintas disciplinas, relacionadas coa saúde e coas ciencias sociais, xurídicas e a mulleres en xeral.
INFORMACIÓN: www.uimp.es
Telf: 981 140 830
FAX: 981 140 825

Pilar Allegue Aguete
Profesora Titular do Departamento de Dereito Privado, Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Universidade de Vigo
Os problemas de fertilidade nas mulleres novas tratadas por cancro de mama
Benigno Acea
Ciruxano do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC)
Problemas derivados da aplicación das técnicas de reprodución humana asistida
Carlos Lema
Profesor Titular da Universidade Carlos III de Madrid
Socioloxía do aborto en España
José Luis Doval
Médico e Xefe do Servizo de Xinecoloxía do Centro Hospitalario de Ourense (CHOU)
Menopausa e saúde
Mª Jesús Cruces Artero
Médico de Familia e membro do Grupo Coordinador da Consellería de Sanidade do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller
A obxección de conciencia no ámbito sanitario
Ascensión Cambrón
Profesora Titular da Facultade de Dereito. Universidade de A Coruña
Entre las asistentes al curso:
Luisi Motta León
Presidenta de Asociación Madres Latinas
Inmaculada Valeije
Profesora Titular de Derecho Penal, Universidad de Vigo
SABADO 27 DE JUNIO 2009
13’30 horas: Clausura do curso