domingo, 13 de septiembre de 2009

10ª Xornada galega de Nais e Pais Educando en Igualdade


A familia ten un papel fundamental no proceso de construción da personalidade, pois a través dela as nenas e os nenos adquiren os seus primeiros coñecementos e aprenden a relacionarse co seu contorno, interiorizando determinadas pautas de comportamento.
Dada a importancia do núcleo familiar como axente primario na socialización das criaturas, o Seminario Permanente de Educación en Igualdade vén impulsando dende o ano 1998 a realización de xornadas de formación en xénero especificamente dirixidas ás persoas con responsabilidades familiares que teñen interese en ofrecer ás súas fillas e fillos unha educación en igualdade, libre de estereotipos de xénero.

Esta décima Xornada galega de Nais e Pais Educando en Igualdade pretende, dun xeito lúdico, achegar recursos para a socialización nos valores da igualdade e do respecto. Deste xeito, ofreceranse obradoiros nos que participará toda a familia e nos que, a partir de diversas actividades, se coñecerán figuras da historia que romperon os estereotipos de xénero na elección da súa profesión, se fomentará a corresponsabilidade nas tarefas do fogar, se aprenderán hábitos saudables e se promoverá o respecto ao medio ambiente.
LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN
Esta actividade formativa realizarase na Illa de San Simón, o día 3 de outubro de 2009.
INSCRICIÓN
Para poder participar na xornada, deberá enviar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN, por correo electrónico, ordinario ou fax antes do 25 de setembro de 2009, a:

Secretaría da 10ª Xornada de Nais e Pais Educando en Igualdade
Seminario Permanente de Educación para a Igualdade
Servizo Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 1º (Polig. Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela
Telf.: 981 541618
FAX: 981 545365
Correo electrónico: seminario.educacion.igualdade @ xunta.es
Servizo Galego de Igualdade