“*Curso de Nanas.Contos de berce, arrolos, nanas.... práctica, valores e
composición”,* dirixido a futuros pais/nais e a homes e mulleres que
teñen fillas/os menores dun ano.
.- Este curso tratará o achegamento a dez nanas galegas cantadas por
Uxía Pedreira, con explicación sociolóxica e práctica de grupo.
.- Tratarase tamén o significado da voz e o seu poder emocional tanto no
útero como nos primeiros anos da vida.
.- Na fin de curso, pais e nais compoñerán a súa propia canción de arrolo.
Duración: 4 horas
._Data:_ mércores 10 e xoves 11 de novembro
_Horario:_ 17,30 a 19,30 h
_Inscricións_: as persoas interesadas deberán poñerse en contacto co
servizo de Igualdade, a través do teléfono 986 810 284 en horario de
8,30 a 14,30 h, ou ben acudir persoalmente á oficina, emprazada na 1ª
planta da Casa do Concello. Praza do Rei s/nº.
O período de inscrición abrangue desde o 29 de outubro ata o 8 de
novembro (ambos incluídos).
_Lugar de realización_: Casa das Mulleres (rúa Romil, 20).
_Prazas limitadas_
Vigo, 25 de outubro de 2010".