martes, 20 de mayo de 2008

PARTICIPACIÓN DE MADRES LATINAS CON SU ASISTENCIA EN LA INAGURACIÓN DE LA OFICINA DE INMIGRACIÓN Y EMIGRACIÓN DEL CONCELLO DE VIGO


Xornal.vigo.org Concello de Vigo Noticias



martes, 20 de maio 2008



Benestar Social potencia o servizo de atención a inmigrantes e retornados que en 2007 atendeu a 747 persoas

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este martes a nova oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados e fixo balance deste servizo que leva a cabo o seu departamento. Na súa intervención, a nacionalista María Méndez sinalou que un total de 747 persoas foron atendidas ao longo do 2007, das que 414 son mulleres (55,4 por cento) e 713 cunha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos, (o 95 por cento), é dicir, en "idade laboral".


"A oficina de atención aos inmigrantes e emigrantes retornados é un servizo específico da Concellería de Benestar Social que ten por obxectivos analizar a situación social e legal dos inmigrantes e facer propostas para a planificación de programas aos organismos con competencias directas na materia", explicou María Méndez. Durante o acto de presentación da nova oficina en Martínez Garrido, 21-interior, a edil do BNG indicou que anteriormente este servizo se prestaba no edificio de Asefal, o cal presentaba un "serio problema de accesibilidade", ademais de non ser de titularidade municipal. "Pensamos que era necesario ubicala nun espazo accesible e consideramos que este é o máis axeitado, pola súa proximidade aos barrios onde se concentra o maior número de inmigrantes, especialmente O Calvario e Teis", subliñou. Ademais, fixo fincapé en que nesta nova etapa do servizo municipal de atención á inmigración ampliouse o persoal, de xeito que agora conta cun avogado, un auxiliar administrativo e dous traballadores sociais.

María Méndez explicou que este servizo municipal non só está destinado ao colectivo de inmigrantes e emigrantes retornados, senón tamén a empresarios e axentes sociais interesados en obter información sobre o proceso de regularización, así como axentes de carácter social que estean desenvolvendo programas ou proxectos de atención aos migrantes