viernes, 18 de diciembre de 2009

Normalización e Benestar editan unha guía en galego e inglés coas expresións máis habituais do ámbito sanitario



As concelleiras de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves a nova guía de

"Expresións habituais en inglés no ámbito sanitario galego"
,
incluida dentro do Plan de Competitividade Turística de Vigo.


Na presentación, na que tamén participaron os autores Diego Sanmartín, licenciado en Filoloxía Inglesa, e Jorge Cameselle, doutor en Medicina e Cirurxía, as nacionalistas salientaron que esta iniciativa "da resposta a unha necesidade" nun ámbito como o da sanidade no que o uso do galego é baixo.
Iolanda Veloso destacou que a guía é unha ferramenta a disposición do persoal sanitario que ten o obxectivo de "evitar erros habituais que poden dar lugar a confusións". Asemade, a concelleira de Normalización Lingüística indicou que deste xeito estáblecese unha "ponte entre o galego e outras linguas" e se da resposta a unha necesidade do persoal sanitario nun país no que o coñecemento de linguas estranxeiras "é xustiño".
María Méndez afirmou que está é unha iniciativa "moi positiva" para que no ámbito da medicina tamén se utilice o galego. Explicou que a guía se distribuirá en hospitais e centros de saúde, o cal ao seu xuízo "dará a oportunidade a que as persoas que habitualmente non falan galego coñezan expresións no noso idioma". Asemade, lamentou que cando realizou o seu Mir no Hospital Xeral "non existise unha obra como esta".

Os autores agradeceron o apoio das concellerías de Normalización Lingüística, Benestar Social e Turismo para publicar este traballo. Ambos explicaron que o libro xurdíu dunha necesidade percibida no ámbito sanitario que o doutor en Medicina e Cirurxía, Jorge Cameselle, recoñeceu como "propia". Cameselle indicou tamén que partíu do convencemento de que saber galego, castelán e inglés é "un deber de todos e todas". Pola súa banda, o licenciado en Filoloxía Inglesa, Diego Sanmartín, destacou que Galiza é plurilingüe, polo que o persoal sanitario "pode precisar usar o inglés en calquera momento". Sinalou que a obra non é un manual gramatical, senón un "libro de referenza que o persoal sanitario pode necesitar para referirse a unha patoloxía determinada".
FUENTE: XORNAL CONCELLO DE VIGO