viernes, 2 de abril de 2010

MADRES LATINAS EN EL IFEVI EL 14 DE MARZO 2010 EN LAS JORNADAS POR EL DIA MUNDIAL DEL CONSUMIDOR Y VISITA AL STAND DE LA ASOCIACIÓN AFRICANA







PARTICIPAMOS EN LA RUEDA DE CONSUMO DE TODOS LOS STAND.
ESTUVIMOS CON NUESTRA AMIGA HORTANCE EN EL STAND DE SU ASOCIACIÓN AFRICANA AIDA DEGUSTANDO SUS RICOS DULCES, BEBIDAS,VIENDO VIDEOS DE MUSICA, ARTE,CIUDADES Y SITIOS TURISTICOS DEL CONTINENTE AFRICANO
FUE UN DIA PARA NOSOTRAS MUY INTERESANTE Y DIVERTIDO

Descrición da actividade
"RUEDA DE CONSUMO"


Tendo en conta a influencia da publicidade, dos medios de comunicación e da propia dinámica do mercado que nos leva a adquirir cada vez máis bens materiais, saber elixir e entender o papel que o consumo xoga no sistema, tanto económico como social e sobre todo educativo, é fundamental para que as persoas camiñen desde as idades máis temperás ata a etapa adulta, cara un posicionamento crítico que lles permita realizar un consumo responsable.É por iso, que o Instituto Galego de Consumo xunto coa Consellería de Educación e Ordenacion Universitaria, invitan a todas as asociacións que o desexen, a que fagan a súa reserva para acudir ao rueiro do consumo para realizar unha serie de actividades, que se describen a continuación.Trátase de percorrer unha rúa, na que poder achegarse ao eido do consumo a través da realización de experiencias e actividades en espazos tales como tendas, oficinas, bancos, exposicións etc.

Lugar:
Instituto Ferial de Vigo.IFEVI
Cotogrande Vigo.

Datas de realización:
Do 12, 15, 16, 17 e 18 de marzo polas tardes e 13 e 14 todo o día.
Horario: de atención polas tardes será de 16:00 a 19:00.

Organización:
Cada grupo acudirá entre 40 e 50 persoas como máximo.
Á chegada ao recinto, este grupo dividirase en tres ou catro equipos (de 10 a 15 persoas), que irán rotando polas diferentes stands para a realización das actividades.
Aconséllase que todos os participantes coñezan as regras con anterioridade á chegada a IFEVI, para un mellor desenvolvemento de ditas actividades
Os Stands situados nesta rúa serán os seguintes:

1.- Un Supermercado: no que poderán realizar unha compra responsable ou ben unha compra específica analizando os alimentos funcionais e as ofertas para as persoas adultas.

2.- Un Ciber: no que poderán coñecer os criterios de páxina segura na rede, nas compras a través da mesma e xestión da conta de correo electrónico.

3.- Stand de AG21 escolar e Climántica. Con Actividades sobre paisaxismo e cambio climático.

4.- Unha oficina de banca_ Coñeceremos as reviravoltas asociadas a unha conta bancaria ou o uso dos produtos ofertados (cartóns de crédito, cartóns de débito, etc) así como tipos de comisións ou conceptos máis complexos (outros Euribor, TAE, comisión fixa e variable) para os máis maiores

5.- Unha Oficina de Consumo_ A través de un mapa poderán pescudar cal é a asociación de consumidores ou OMIC máis próxima a súa localidade.
Explicarase o funcionamento de ditas oficinas e en que caso debemos acudir a elas.

6.- Unha sala de mediación e arbitraxe_ Realización de unha simulación de arbitraxe (resolución de conflitos), alternando con un conto para os máis pequenos e pequenas.

7.- Unha reprodución dunha casa_ Visualización de produtos retirados ou inmobilizados polo IGC do mercado. Realización dun instrumento de seguridade (para os máis pequenos) e lectura de recibos de subministracións ás persoas adultas.

8.- Unha tenda de comercio xusto
_ Exposición de produtos de comercio xusto coa intención de dar a coñecer e sensibilizar aos asistentes de cara a un comercio alternativo.

9.- Unha galería de exposicións_ Exposición dos traballos premiados nos premios nos distintos convenios do IGC e podendo incluír exposicións doutros organismos e entidades participantes que o acorden previamente.

10.- Unha demostración de artesanía en baixolizo.

11.- Un Stand do INEGA_ Con exposición de enerxías renovables.

12.- Un Stand de Galicia Calidade_ onde teremos a oportunidade de coñecer a marca de garantía do goberno galego, así como os produtos que ten amparados a día de hoxe, mediante información da Sociedade Pública así como de material de promoción da marca de garantía