lunes, 7 de marzo de 2011

Iolanda Veloso destaca a importancia de reivindicar os dereitos das mulleres nunha época de crise como a actual


A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns as actividades que terán con motivo do Día Internacional da Muller, que comezarán mañá 8 de marzo coa celebración dunha sesión plenaria específica ás 10 horas e a manifestación organizada pola Marcha Mundial das Mulleres ás 20 horas. A concelleira nacionalista salientou a importancia de reivindicar os dereitos das mulleres "nunha época de crise tan complicada como a actual", tal e como pon de manifesto o lema da convocatoria deste ano "Dereitos das mulleres e revolucion creactiva".
"O programa elaborado é unha proposta moi ampla, aberta e participativa", destacou Iolanda Veloso. A nacionalista explicou ao respecto que o Consello Municipal da Muller, integrada por 23 entidades da cidade, creou unha comisión encargada precisamente de organizar os actos conmemorativos, nos que a reivindicación dos dereitos das mulleres é un obxectivo prioritario. Lembrou que orixinalmente o 8 de marzo conmemoraba o Día Internacional da Muller Traballadora, que posteriormente deu paso ao Día Internacional da Muller.....seguir leyendo