miércoles, 4 de abril de 2012
CICLO "MULLER E SAÚDE INTEGRAL" EN LA CA SA DAS MULLERES DE VIGO" DURANTE LOS MESES DE ABRIL MAYO Y JUNIO DEL 2012
Desde a concellería de Igualdade de Vigo poñemos en marcha unha nova edición do ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL" que acollerá a Casa das Mulleres ( rúa Romil nº 20, Vigo ) durante os meses de abril, maio de xuño.
Nesta nova edición do ciclo, contaremos cunha novidade, compaxinaremos sesións de relatorios de saúde con sesións demostrativas, exemplos prácticos que poidamos realizar decote e que melloren a nosa calidade de vida.
O primeiro relatorio “ A SAUDE FEMININA A PARTIR DOS 40 ”será a cargo de Amaya Pérez-Izaguirre Urquizo - médica de familia- será este xoves, 12 de abril, ás 19.00 h.
A participación en todas as actividades deste ciclo será gratuíta e non require inscrición previa. Aforo limitado