viernes, 15 de mayo de 2009

Vigo celebra o Día das Letras Galegas

O Concello organiza esta fin de semana actividades para celebrar o Día das Letras Galegas que este ano homenaxea a Ramón Piñeiro.

Para comezar a xornada, o día 16 haberá lecturas na rúa de textos das tres únicas mulleres ás que se lle dedicou un Día das letras Galegas (Rosalía de Castro, Francisca Herrera e María Mariño) en diferentes puntos da cidade entre las 11 e as 13 horas.

O día 17 ábrese cunha serie de lecturas públicas de textos de Ramon Piñeiro no Museo Verbum de Samil de 10 a 19 horas, as persoas participantes recibirán unha grabación. No mesmo lugar interpretarase a obra teatral Señor mundo digame? ás 12 e as 17 horas, a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala (180 persoas)

Ademáis das actividades en Castrelos interpretaránse dúas obras de teatro as 19 horas dentro da programación "Vigo a escena": a compañía Sísifo actuará na AVC San Mamede de Zamáns e a compañía Lope de Vigo na AVV CD Santa Mariña de Cabral.

Fuente: Xornal Concello de Vigo