viernes, 6 de noviembre de 2009
A mostra itinerante da Concellería de Educación "Arte na Aula", habilitada no CEIP Ría de Vigo ata o próximo día 10
A Concellería de Educación continúa co percorrido do exitoso programa "Arte na Aula", co firme propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento a arte no contexto escolar.
A mostra posibilita á comunidade educativa o contacto co arte e os artistas, desta volta no CEIP Ría de Vigo desde o pasado 4 de novembro ata o próximo día 10.
A Concellería de Educación ten instalada a mostra itinerante "Arte na Aula" 2009 no CEIP Ría de Vigo desde o pasado 4 e ata o vindeiro 10 de novembro, unha iniciativa que achega o arte á comunidade escolar.
A MOSTRA ITINERANTE 2009 expón en distintos soportes físicos -como cabaletes e peanas- diversas pinturas, fotografías, gravados e esculturas de 22 creadores de recoñecido prestixio da nosa cidade, por un periodo aproximado de 10 días atendendo a un calendario de aplicación previamente consensuado cos centros participantes.
Este programa didáctico, que promove o servizo municipal de Educación en colaboración co artista e educador vigués Mingos Teixeira, continúa o seu exitoso percorrido, co firme propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria.
XORNAL CONCELLO DE VIGO